Noticias
Ven de rematar unha nova sesión plenaria no Parlamento de Galicia, que tiven a honra de dirixir novamente. Momentos para que tomara posesión un deputado socialista, para aprobar unha lei, para atender as comparecencias de conselleiros, escoitar respostas e preguntas, votar proposicións e mocións...Dous días completos contribuindo a facer Galicia dende a súa institución máis representativa. Agora marcho xa para Ourense.














