Noticias
En Viana do Bolo, onte, día de San Valentín, foi a miña decimoquinta ocasión en acudir (das corenta edicións). Algúns debutaron, curiosidades, mentras asistín de novo a este encontro tamén co entroido máis ancestral da provincia. Tiven a ocasión de falar co Sr. Pinza do "fulión" e de aspectos etnográficos que xustifican a grandeza do entroido vianés. Moita xente na praza, ateigado o salón de sesións tamén mentras Mercedes Peón recollía o galardón que lle outorgou o Concello. Tanto frío como ledicia e marchei a xantar a casa porque o día catorce de febreiro ten estas cousas. Apertas dende Auria.















