Noticias
Entramos hoxe na segunda xornada do "debate sobre política xeral", popularmente coñecido como debate sobre o estado da autonomía, na Cámara galega. Veño de participar na xuntanza da Mesa do Parlamento na que admitimos a trámite as propostas de resolución presentadas polos grupos. En total son 439, delas 325 rexistradas polo Grupo do BNG, 85 polo Grupo Popular e 29 polo Grupo dos Socialistas. A sesión reiníciase hoxe ás 16:30 coas intervencións dos voceiros por un espazo máximo de trinta minutos cada ún. Logo suspéndese para que intenten chegar a acordos. Unha rolda de posicionamento, as votacións e un turno final porán fin ao primeiro debate destas características sendo Núñez Feijóo Presidente da Xunta.















