Noticias
Sen dúbida profesionais moi importantes na sociedade. Tiven a honra de ser invitado a dous actos de relevancia organizados por eses colectivos. Así participei no acto inaugural da Xornada sobre os derradeiros avances na profesión de enfermería, celebrado no salón de actos do campus, e organizado polo Colexio Oficial e que contou coa asistencia da conselleira de sanidade, do alcalde de Ourense e do presidente do Consejo General da Enfermería. Parabéns a Choni, a Presidenta do Colexio de Ourense, pola excelente organización dun acto que rematou coa interpretación do himno galego, por certo íntegro, pola Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial. Ao dia seguinte, no Centro Cultural, invitado polo Sindicato Unificado de Policía, asistín á cerimonia de clausura e entrega de diplomas do curso que desenvolveron centrado na problemática dos delictos informáticos. Moitas grazas por ámbolos dous convites.














