Noticias
Este domingo pasado participei, por primeira vez, nun acto publico do PP de Galicia. Foi no Palacio de Congresos de Santiago e organizouse para celebrar o primeiro ano de goberno do PP na Xunta de Galicia logo de obter a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do 1 de marzo de 2009. Interviron tamén o secretario xeral, o resto dos presidentes provinciais, Antonio Basagoiti, Alberto Núñez e Mariano Rajoy. Máis de tres mil personas encheron un acto cheo de forza para encarar as eleccións municipais de maio de 2011.














