Susana López Abella

Imprimir mbaltar - 18-Abril-2010 - 12:21:46 

 
A Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta inaugurou, coa súa intervención do venres na Casa de Cultura de O Carballiño, a andaina da Rede Ourensán de Mulleres Populares que coordina Fina Carrera, concelleira en A Merca e vocal do comité executivo provincial do PP de Ourense. A ROMP naceu como consecuencia dos encontros sectoriais que promovín durante a etapa precongresual, como un instrumento de dinamización sociocultural da muller ourensán, facendo fincapé nas que viven no medio rural. Fina conta xa cun equipo de mulleres que son a referencia da ROMP nas once comarcas da provincia e cunha persona por concello para levar a cabo as actividades que teñen fixadas como obxectivo para este ano Xacobeo 2010. No acto de O Carballiño Susana López Abella falounos de "a muller e os servizos sociais en Galicia", colleitando un gran éxito vistas as intervencións e o coloquio posterior coas asistentes. Agradezo sinceiramente a aceptación de Susana para participar neste acto, e a súa seguro colaboración no futuro. Susana debutou como parlamentaria conmigo na Cámara Galega o 20 de novembro de 2001 e renunciou ao escano nesta lexislatura para pasar a formar parte do executivo. Susana é xornalista e foi teniente alcalde de Chantada, onde preside a Xunta Local do noso partido. É vicesecretaria xeral do PP de G e somos compañeiros no comité de dirección autonómico.
¡ Parabéns polas túas aportacións e grazas Susana !

PP de Ourense
Facebook
Grupo de apoyo en Facebook
Youtube
Flickr
Twitter
Xunta de Galicia Congreso de los diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico Ourense
© 2009 Manuel Baltar - Todos los derechos reservados | Aviso Legal
ACV Galaica