Noticias
Mañán rematará a sesión plenaria que escomenzamos hoxe. Coas comparecencias dos máximos responsables do goberno en materia de educación e sanidade, apostas fundamentais do executivo autonómico popular. Debatéronse logo tres mocións e estamos agora co debate da quinta proposición non de lei, unha iniciativa nacionalista sobre a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública. Mañán reiniciarase o pleno coas preguntas ao Presidente da Xunta. Un Pleno que coincide coa celebración en Extremadura da xuntanza da COPREPA- Confederación de Presidentes de Parlamentos Autonómicos-.














