Precandidato á Presidencia do PP de Ourense

Imprimir mbaltar - 30-Diciembre-2009 - 15:36:48 

O luns a xunta directiva provincial convocou o XV Congreso do PP de Ourense para o vindeiro día 30 de xaneiro de 2010. O prazo para a presentación de candidatos á presidencia remanta o luns 21 de decembro ás vinte horas. José Luís Baltar anunciou onte que non optaría á reelección...Despois de 17 anos presidindo a formación política máis exitosa da historia de Ourense, logo de 36 campañas electorais e 36 resultados favorables con resultados espectaculares...Mesmo este 2009 sendo de novo a mellor provincia de Galicia en canto apoio ao PP nas autonómicas, a de maior participación tamén, e sendo a sexta de España falando de eleccións ao Parlamento Europeo...


Tal e como anunciara o día 15 de outubro nunha comparecencia pública, reafirmándome o pasado día 5 de decembro, hoxe fixen pública a miña decisión de concurrir á presidencia do partido. Foi na miña propia sede, a oficina do candidato, sita na Rúa Teluro número 3-Entrechán da cidade de Ourense...En horario de 10 a 14 horas pola mañán e de 17 h a 20 h polas tardes funcionará recibindo avais de afiliad@s, reuníndome cos equipos de traballo, concedendo entrevistas, planificando a precampaña e campaña...Masiva afluencia de medios de comunicación e nova invitación a que se presenten outr@s candidat@s. Tamén comuniquei as dez propostas organizativas para impulsar o PP de Ourense, facendo desta forza política "o partido dos ourensáns": no eido da participación política, o papel dos concellos e comarcas, creación de novas áreas de funcionamento, un centro provincial de formación e estratexia, a posta en marcha dunha escola de verán, un portal web que sexa todo un referente nacional...Propostas para traballar e traballar, froito da reflexión compartida da situación...Púxenme a disposición d@s outr@s candidat@s para debater, inmediatamente, cos líderes doutras alternativas, nas condicións que poñan: de calquer tema, en público ou privado, como establezan os xornalistas...Transparencia, limpeza, honestidade..E sobre todo libertade e democracia. Non hai que terlle medo a conceptos tan fulcrais. Moi boas noites.


PP de Ourense
Facebook
Grupo de apoyo en Facebook
Youtube
Flickr
Twitter
Xunta de Galicia Congreso de los diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico Ourense
© 2009 Manuel Baltar - Todos los derechos reservados | Aviso Legal
ACV Galaica