Noticias
O 17 de maio non pode pasar inadvertido tampouco para o PP de Ourense. Para testemuñar a nosa homenaxe ás letras proprias de Galicia, estaremos ás 11:30 horas na Rúa da Paz da vella, e bella, Auria, xusto onde naceron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xoaquín Lourenzo "Xocas". Será para ler algún poema de Uxío Novoneyra, algún parágrafo de "Arredor de sí" (a biografía espiritual dos homes da xeración nós, obra do xenio de Trasalba) e as primeiras frases de "A Esmorga" de Blanco Amor, nado na rúa de Lepanto, a escasos metros do lugar da convocatoria. Despois marcharemos cara Vilanova dos Infantes para participar na romaría popular "Raigame".














