Noticias
Onte morreu meu avó. Tamén era meu padriño. Manuel Blanco Seara case chegou a centenario. Hoxe estou no Pleno do Parlamento e véñenseme moitas cousas á cabeza, lembranzas, vivencias, consellos, momentos...A vida pasa. Descanse en paz. Grazas a todas e a todos polas mostras de cariño recibidas. Unha fonda aperta.














