Centro Popular de Formación e Estratexia "Roberto Padilla"

Imprimir mbaltar - 21-Junio-2010 - 23:26:58 

 
  Ese é o nome que leva o centro de formación e estratexia que puxemos en marcha no PP de Ourense. Tal e como me comprometera iniciou a súa andaina na sede popular en Xinzo de Limia. Foi o pasado venres e aproveitamos para homenaxear, na persoa da súa viúva e fillos, a Roberto Padilla, senlleiro militante que nos deixou hai uns meses e que foi un exemplo de adicación e compromiso coas ideas que defendemos, ademáis de adicar a súa vida profesionalmente tamén ao eido da formación. Ante os máximos representantes da nosa forza política nos concellos da provincia, xa tivemos a oportunidade de asistir a dúas ponencias sobre comunicación política e protocolo que os asistentes xulgaron moi positivamente. Noraboa a César Blanco, responsable de formación do comité executivo provincial, polo éxito organizativo e polo ambicioso proxecto formativo que desenvolverá nos vindeiros meses.

PP de Ourense
Facebook
Grupo de apoyo en Facebook
Youtube
Flickr
Twitter
Xunta de Galicia Congreso de los diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico Ourense
© 2009 Manuel Baltar - Todos los derechos reservados | Aviso Legal
ACV Galaica