Noticias
Antonio, Argimiro e Moisés. En Xinzo, O Carballiño e O Barco respectivamente. Froito da elección polos compañeiros de partido. Con porcentaxes de apoio do 98% para Antonio Pérez en Xinzo e do 100% nos casos de Argimiro Marnotes e Moisés Blanco. Máxima transparencia e información. Parabéns para as comisións organizadoras, personalizándoas en Plácido Álvarez, Carmen Carballo e Ana Vázquez. O PP a pleno rendemento. Menos de once meses xa para o gran reto do 22 de maio de 2011: as eleccións municipais. Unha gran responsabilidade: presentar as mellores candidaturas para obter os mellores resultados.














