Rosendo, Presidente da Xunta Local do PP en Ourense

Imprimir mbaltar - 02-Diciembre-2010 - 19:01:20 

 
  Onte Rosendo relevou a Poly como Presidente da Xunta Local do PP no concello de Ourense. Foi nunha reunión convocada para ese fin neste órgano que non se reunía dende decembro de 2009. Foi a instancia do proprio Enrique Nóvoa que me comunicara hai meses a conveniencia de xunguir o liderado político do partido na cidade co encabezamento da candidatura ás eleccións municipais. Dito e feito. O comité executivo provincial, na súa xuntanza do pasado 18 de novembro, validou este cambio e Rosendo ten agora a máxima responsabilidade do partido na cidade. Un instrumento máis para afondar no traballo político preciso para convencer aos cidadáns de que faise necesario, máis que nunca, un goberno popular. O 22 de maio terán a palabra como tiveron os cataláns o pasado domingo: descalabro electoral do socialismo e do nacionalismo de izquierdas gobernante en coalición. Como pasou en Galicia. Agora corresponde que digamos adeus aos bipartitos locais e chega o momento dos gobernos populares.

PP de Ourense
Facebook
Grupo de apoyo en Facebook
Youtube
Flickr
Twitter
Xunta de Galicia Congreso de los diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico Ourense
© 2009 Manuel Baltar - Todos los derechos reservados | Aviso Legal
ACV Galaica