Noticias
MANIFESTO DE SANTA CRUZ DE ARRABALDO
En Santa Cruz de Arrabaldo, na mañá do día dous de xaneiro do ano 2010, os abaixo asinantes, integrantes da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense, máximo órgano desta forza política entre congresos, coa participación e compromiso sen fisuras de alcaldes e responsables locais do partido en oitenta e cinco concellos dos noventa e dous que conforman a nosa provincia,
MANIFESTAMOS:
1º.- Que, ante a celebración o vindeiro día 30 de xaneiro do XV Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense, sinalamos esa data como fundamental para o futuro da nosa organización política e da nosa provincia.
2º.- Que a política é un instrumento para a evolución da sociedade onde os cidadáns asumen o protagonismo e achégase un momento histórico para reafirmar o noso orgullo de ser ourensáns, conscientes dos retos que temos que superar xuntos, sinaladamente o de converter o P.P de Ourense, a indubidable forza política maioritaria, no partido dos ourensáns.
3º.- Que para acadar esa provincia de Ourense e ese PP de Ourense máis forte, máis ambicioso e ilusionado, APOIAMOS DE XEITO CONTUNDENTE, INEQUÍVOCO E DECIDIDO a candidatura de JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO á Presidencia da nosa organización política.
4º.- Convídamos a tódolos ourensáns a facer seu este proxecto político que nace do compromiso con esta terra e coas súas xentes, comezando o 30 de xaneiro, baixo a dirección de JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO e do seu equipo, a construír entre todos O FUTURO que nos está agardando.
En Santa Cruz de Arrabaldo, a dous de xaneiro de 2010














