*
Confidenciais
A G E N D A
«Mayo  2008»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
             
A Túa Opinión
Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia
E N C U E S T A S
¿Por qué se cambiou o sistema de designación dos senadores en representación da Comunidade Autónoma
 Porque o esixíu Quintana 
 Porque Touriño mirou para outro lado 
 Porque é froito da "cooperación intelixente" 
Votos: 45 | Comentarios: 0
Tipo de Noticias
Artículos de opinión (20)
Deportes (63)
Elecciones autonómicas Galicia 2005 (119)
Eleccións Locais 2007 (34)
General (601)
Lecturas (19)
Música (82)
Políticas (437)
Viajes (25)
Artículos de Opinión
» 11-05-2008:
 Publicado en La Región: ¡Cómo anda o patio!
» 22-04-2008:
 Publicado en A Nosa Terra: Chuvia de votos
» 14-02-2008:
 Publicado hoy en La Región: ZP,MOTIVOS PARA CAER
» 06-02-2008:
 Publicado hoxe en La Región: ¿Qué trouxo Zapatero a Ourense?
» 04-02-2008:
 Publicado en A Nosa Terra: Pintan bastos

Actualidade
» Homenaxe a Xosé Cuiña en Lalín

  O vindeiro sábado,día 17, festividade do Día das Letras Galegas, os lalinenses brindaránlle unha homenaxe póstuma á figura de Xosé Cuíña. Será un acto sinxelo e emotivo, que dará comezo sobre as oito da noite no Auditorio Municipal de Lalín.
  En primeiro lugar outorgaránlle a distinción de “Fillo Predilecto de Lalín”, e entregándolle á súa familia o Pergamiño que o acredita con tal distinción.
  Sobre as oito e media da tarde dará comezo un Concerto da Banda Municipal de Lalín na súa honra. Despois da actuación que durará algo menos dunha hora trasladarémonos á Avenida Xosé Cuíña para proceder ao descubrimento de placa. E para rematar, o gaiteiro lalinense Plácido Rozas tocará o Himno do Antigo Reino de Galicia.


Enviado por mbaltar el 15 de Mayo del 2008 a las 12:032 Comentarios
» Cluster do auga de Galicia

  A súa creación é unha iniciativa plantexada polo goberno municipal popular de Ourense ó Sr. Pérez Touriño e ó Sr. Blanco, conselleiro de innovación, hai xa dous anos. Dende entonces nada máis se soupo. A calada por resposta para variar. A creenza no futuro termal non consiste sólo en artellar frases grandilocuentes. Fai falta algo máis.

Enviado por mbaltar el 15 de Mayo del 2008 a las 11:580 Comentarios
» Día das Letras Galegas en Celanova

  Este 17 de maio estarei en Celanova. Será pola mañán para asistir a un acto do PPdeG no que Alberto Núñez Feijóo pronunciará un discurso conmemorativo a carón do busto de Curros Enríquez. Unha ofrenda floral, nos cen anos do seu pasamento, e o himno galego precederán a unha visita á súa Casa-Museo. Despois partiremos para a tradicional romería popular Raigame en Vilanova dos Infantes.

Enviado por mbaltar el 14 de Mayo del 2008 a las 16:532 Comentarios
» Ourense capital termal e Plan Estratéxico de Termalismo

  Ese foi un dos acordos de hoxe no Parlamento Galego. Presentaba o BNG, no pleno número 72 desta VII lexislatura, unha proposición non de lei para que a Cámara "apoiase a declaración de Ourense como capital termal de Galicia". Un auténtico brinde ó sol. Os socialistas presentaron unha emenda na que descafeinaban o papel protagonista de Ourense no termalismo. E a mín correspondeume, en nome do grupo popular, defender unha emenda que recoñecía o gran labor do goberno popular local e a nefasta xestión termal do bipartito autonómico e do bipartito da cidade de Ourense. Tamén reivindiquei que se executara o plan estratéxico de termalismo de Ourense, obra popular, documento completísimo que está sin desevolver polo bigoberno local. Critiquei o inexistente traballo termal da xunta e do bipartito de Ourense e lembrei as obras e realidades populares nunha cidade e nunha provincia identificada coa auga dende a súa orixe tendo en conta o proprio orixe da cidade entorno ás Burgas e o liderato peninsular da provincia en canto a número de mananciais, augas e temperatura. Finalmente conseguimos que o texto aprobado mencionara expresamente a execución do plan estratéxico de termalismo de Ourense. Unanimidade. Entre o público tres concelleiros nacionalistas de Ourense -incluido o Teniente Alejandro Sánchez- e dous populares -Aurelio Gómez Villar e Marta Rodríguez Vispo-. ¿E o Alcalde de Ourense? ¿Hai Alcalde?

Enviado por mbaltar el 14 de Mayo del 2008 a las 16:491 Comentarios
» A maxia nacionalista

  Outro problema na cidade. No seu afán "reinventatorio" deu o teniente Sánchez e anunciar que Ourense será a sede da "Casa da Maxia", nun discurso que pretendía ser a novidade da semana, unha semana na que o Alcalde Rodríguez está de viaxe por Sudamérica facendo non se sabe ben o qué. A idea de Sánchez non é mala pero xa a tiveran outros...¿Chámase copiar? E sería mellor si se contara cos profesionais da maxia da cidade e da provincia, que se enteraron polos xornais do coello que sacou da chisteira o noso teniente. Total que o proxecto xa existía, que xa se está a executar e que Sánchez, de novo, meteu a pata porque o perde a oportunidade de capitalizar tódalas portadas cando FRA está missing.

Enviado por mbaltar el 11 de Mayo del 2008 a las 18:085 Comentarios
» Reunións en Maceda, Parada do Sil e Abeleda

   O venres pola noite, no multiusos de Maceda, participei nunha reunión da Xunta Local do PP que preside Sesiño. Tamén interviron José Luís Baltar e Carmen Leyte. Unha xuntanza para escoitar a opinión dos afiliados e simpatizantes do PP en Maceda en relación ás pasadas eleccións xerais e a organización do traballo político para os vindeiros meses coas eleccións autonómicas como obxectivo fundamental.

  Onte sábado, ás vinte horas, estaba no "Bar Pepe" en Parada do Sil, nunha xuntanza de afiliados do PP nese fermoso concello para que comenzaran os traballos dunha xestora da nosa forza política que presidirá Avelino Bizarro, o voceiro municipal. Os tres concelleiros e doce personas máis, combinación de experiencia e xuventude, representando a tódalas parroquias do concello, serán os encargados de dinamizar ó PP e de volver a reeditar os éxitos doutras convocatorias electorais. 

   Dúas horas máis tarde participei nunha cena das Novas Xeneracións do PP da comarca de Caldelas. Foi no "Lelo" na Abeleda, Concello de A Teixeira. Tamén estaban os alcaldes de Montederramo e A Teixeira e os voceiros populares e xefes da oposición nos concellos de Castro Caldelas e Parada do Sil. Xunto con José Luís Baltar, Carmen Leyte e Celso Delgado, compartimos uns momentos nos que falamos das necesidades da bisbarra e do papel protagonista que debe exercer a súa xuventude.

Enviado por mbaltar el 11 de Mayo del 2008 a las 18:011 Comentarios
» Enrique Carpintero e Marina Cuquejo

    O venres pola tarde asistín ó pasamento de Enrique Carpintero Araújo, alcalde popular do Concello de Cortegada durante máis de trinta anos. Un falecemento súbito que sorprendeu a tódolos veciños, amigos e compañeiros de partido. No cemiterio da eirexa de San Benito do Rabiño citámonos para despedir a un home queridísimo polo seu pobo e a un gran xestor público. Sempre lembrarei as conversas con Enrique visitando obras no seu concello ou expoñendo as necesidades de veciñas e veciños. Un home de palabra.

   O sábado pola mañán, no concello de Cualedro, participei nunha homenaxe popular á que fora Alcaldesa durante décadas Marina Cuquejo. Logo dunha misa na súa memoria, o seu fillo Luciano -alcalde actual- e José Luís Baltar dirixíron unhas emotivas verbas tras inaugurar unha escultura de Marina obra de Xosé Lois Carrera. Marina foi unha muller exemplar que non necesitou de leis de paridade nin de igualdade para asumir a máis alta representación das súas veciñas e veciños. Unha mestra da vida e da política, cariñosa e traballadora. Un exemplo.

Enviado por mbaltar el 11 de Mayo del 2008 a las 17:412 Comentarios
Parlamento Galego Xunta de Galicia Congreso de Diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico *
 © Manuel Baltar  diseño: Virtual Ciber